Competencias básicas
Competencia básica 1 (CB1)
Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co devandito campo.
Competencia básica 2 (CB2)
Concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
Competencia básica 3 (CB3)
Contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
Competencia básica 4 (CB4)
Realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
Competencia básica 5 (CB5)
Comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
Competencia básica 6 (CB6)
Fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.
Competencia básica 7 (CB7)
Desenvolver a actividade investigadora con responsabilidade social e integridade científica
Capacidades e destrezas
Capacidade 1 (CA01)
Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
Capacidade 2 (CA02)
Atopar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.
Capacidade 3 (CA03)
Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.
Capacidade 4 (CA04)
Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
Capacidade 5 (CA05)
Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
Capacidade 6 (CA06)
A crítica e defensa intelectual de solucións.
Competencias xerais
Competencia xeral 1 (CG1)
Xestión, tratamento e desenvolvemento de ferramentas analíticas complexas, en particular matemáticas, estatísticas e informáticas.
Competencias específicas
Competencia específica 1 (CE1)
Análise e resolución de problemas complexos no ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, e en concreto na liña de investigación da tese de doutoramento.
Competencia específica 2 (CE2)
Definir e desenvolver campañas de medida e/ou simulación dentro da liña de investigación da tese de doutoramento.
Competencia específica 3 (CE3)
Xestionar equipamento de laboratorio e/ou informático para a realización de investigación experimental na liña da tese de doutoramento.
Competencias transversais
Competencia transversal 1 (CT1)
Exposición de resultados científicos.
Competencia transversal 2 (CT2)
Redacción de textos científicos.
Competencia transversal 3 (CT3)
Desenvolvemento de capacidade de traballo en equipos de forma coordinada e complementaria.