| Actividade | Duración | Carácter | Descrición |
|---|---|---|---|
| Defensa do plan de investigación (Lingua de impartición: Inglés) |
25 horas | Obrigatorio |
Ao final de cada curso académico, o alumnado defenderá as actividades realizadas no curso e presentará a planificación para o curso seguinte. A defensa realizarase no tempo e forma establecidos pola Comisión Académica do Programa de Doctorado (CAPD). Avaliarase o Plan de investigación, o plan de formación e o documento de actividades xunto cos informes que deberán emitir as persoas tutora e directora. |
| Cursos de formación transversal (Lingua de impartición: Inglés, castelán, galego) |
Ata 25 horas | Optativo |
Cursos optativos co claro obxectivo de formar aos alumnos en metodoloxías e ferramentas de carácter transversal. A oferta publicarase de forma anual e na medida do posible en colaboración con outros programas de doutoramento da Universidade de Vigo. |
| Cursos de formación avanzada (Lingua de impartición: Inglés, castelán, galego) |
Ata 225 horas | Optativo |
Actividade que contempla o recoñecemento por parte da CAPD de cursos ou seminarios de outros programas de doutoramento nacionais ou estranxeiros. |
| Presentación de comunicacións en congresos científicos internacionais (Lingua de impartición: Inglés, castelán) |
75 horas | Obrigatorio |
O alumnado planificará esta acción de acordo cos seus directores/as e titores/as, segundo o seu plan de actividades, e seguindo a normativa da Comisión Académica ao respecto. O idioma será o de traballo do congreso que frecuentemente é o inglés. Para o cálculo da duración desta actividade tívose en conta tanto a preparación da ponencia (50 h) como a asistencia ao congreso de duración media de 3 días (25 h). |
| Publicación dun artigo nunha revista científica internacional (Lingua de impartición: Inglés) |
50 horas | Obrigatorio |
Antes de presentar a tese de doutoramento cada estudante debe redactar e enviar un artigo a unha revista científica. A actividade consideraráse superada unha vez que o artigo sexa aceptado para a súa publicación. O idioma será o de traballo da revista que no campo das TICs adoita ser o inglés. |
| Realización de estadías de investigación (Lingua de impartición: Inglés) |
625 horas | Optativo | O estudantado realizará unha ou varias estadías de acordo co seu director/a e titor/a, segundo o seu plan docente, e seguindo a normativa da CAPD. |
Cursos de formación transversal
En cada curso académico os e as estudantes do programa de doutoramento DocTIC terán a opción de participar nun conxunto de cursos de formación en competencias transversais. Os cursos ofértanse tanto pola Vicerreitoría de Organización Académica no marco do programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo, a Escola Internacional de Doutoramento, ou o propio programa de doutoramento DocTIC.
Actividades formativas transversais (EIDO)
As actividades formativas transversais organizadas pola Universidade de Vigo e impulsadas pola EIDO son aquelas de utilidade para todas as persoas que están realizando un doutoramento con independencia de cual sexa a súa área de coñecemento, xa que promoven a formación en competencias transversais durante a etapa formativa do doutorado.