Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O sector das tecnoloxías da información no que se enmarca esta titulación é un dos máis emerxentes na actualidade, favorecendo a empregabilidade dos nosos e as nosas tituladas. As saídas profesionais que ofrece un doutoramento en tecnoloxías da información e as comunicacións abarcan unha ampla gama, tanto no ámbito académico como no sector privado e industrial (sistemas de telecomunicacións, ciberseguridade, análise de datos, intelixencia artificial aplicada ás telecomunicacións e ao procesado de sinal, sistemas conectados, consultoría tecnolóxica, regulación e normalización...). Os doutores e as doutoras en TIC teñen a oportunidade de influír significativamente no avance tecnolóxico e na solución de problemas complexos en múltiples áreas.

Unha vez alcanzado o título de doutor/a pola Universidade de Vigo tes ao teu alcance oportunidades laborais acordes a este nivel de formación:

  • Traballar nunha empresa privada ou centro tecnolóxico, dirixindo un grupo ou departamento de I+D+i.
  • Acceder a un contrato postdoutoral, é dicir, traballar nun centro de investigación para ampliar a formación e especializarse nun tema concreto de investigación.
  • Seguir unha carreira académica: Investigar e dar clases na universidade tanto pública como privada.
  • Crear unha empresa a partir dos resultados da investigación realizada: spin-off, empresa de base tecnolóxica, ou participar en proxectos de autoemprego.

Programas posdoutorais

Portais con ofertas de emprego para persoas doutoras