O obxectivo dos seminarios de investigación é servir como punto de encontro no que o estudantado de doutoramento, o persoal do claustro e as persoas visitantes presenten as súas actividades actuais, tales como traballos en progreso, proxectos, artigos, teses, presentacións ou resumos de conferencias, entre outros, nun ambiente colaborativo.
Os seminarios tamén teñen como finalidade proporcionar unha oportunidade para discutir con compañeiras e compañeiros, persoal investigador sénior e outras persoas doutorandas procedentes de diferentes disciplinas problemas específicos relacionados coa propia investigación.
A lingua de traballo é o inglés.
Se estás interesado en dar unha charla ti mesmo ou queres recibir o recordatorio semanal, por favor contacta con Cristina López Bravo (