DocTIC comprende investigadores/as de once grupos de investigación pertencentes á área TIC. Oito deles son beneficiarios de axudas do Programa de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación convocadas pola Xunta de Galicia. No seu conxunto cubren a práctica totalidade das áreas de investigación que poden incluírse no campo TIC: a Telemática, o Procesamento de Sinal en Comunicacións e Multimedia e os Sistemas Radio, incluíndo un gran número de liñas de investigación dentro de cada área.
- Antenas, Radar e Comunicacións Ópticas (SC7)
- Bioenxeñería e Cronobioloxía (SC4)
- Grupo de Tecnoloxías Multimedia (SC9)
- Grupo de Dispositivos de Alta Frecuencia (SC2)
- Grupo de Enxeñería de Sistemas Telemáticos (GIST)
- Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións (SC10)
- Grupo de Servizos para a Sociedade da Información (ET2)
- Grupo de Tecnoloxías da Información (TC1)
- Information and Computing Laboratory (I&CLab)
- Laboratorio de Redes (ET3)
- Sistemas Radio (SR)