4. Actividades formativas

Defensa do plan de investigación

Número de horas (duración exacta, non intervalos)

25

Optativa

Obrigatoria

Lingua de impartición: Inglés

Detalle e planificación

Ao final de cada curso académico, o alumnado defenderá as actividades realizadas no curso e presentará a planificación para o curso seguinte.

A defensa realizarase no tempo e forma establecidos pola Comisión Académica do Programa de Doctorado (CAPD). Avaliarase o Plan de investigación e o documento de actividades xunto cos informes que deberán emitir as persoas tutora e directora.

Esta actividade será obrigatoria e terá carácter anual.

O idioma empregado será de forma obrigatoria o inglés.

Resultados de aprendizaxe

Desenvolver e adquirir:

  • Capacidade para a defensa intelectual do traballo realizado
  • Capacidade para a discusión razoada de resultados
  • Capacidade para analizar criticamente os resultados
  • Habilidades de comunicación oral
  • Conecementos para facer presentacións eficaces
  • Capacidade de reflexión global desde diferentes perspectivas do coñecemento.

Competencias relacionadas

O conxunto de competencias básicas e específicas. CT01, CA02.

Procedemento de control

Avaliarase de acordo coa normativa que estableza a CAPD

Actuacións e criterios de mobilidade

Procurarase a presenza de persoas expertas nacionais e internacionais procedentes doutras universidades e centros de investigación.

 

Realización de estadías de investigación

Número de horas (duración)

625

Optativa          

Obligatoria      

Lingua de impartición: Inglés

Detalle e planificación

O alumnado realizará a súa estadía de acordo co seu director/a e tutor/a, segoún o seu plan docente, e siguindo a normativa da CAPD.

Resultados de aprendizaxe

Capacidade de adaptación a novos contextos

Capacidade de avaliar comparativamente o desenvolvemento do seu traballo de investigación

Competencias relacionadas

O conxunto de competencias básicas e específicas. CT03, CA04.

Procedemento de control

O alumnado deberá aportar a correspondente certificación da estadía, un resumo do traballo realizado, asinado por o/a responsable na institución remota, coa indicación expresa da súa relación co plan de teses e/ou unha posible publicación conxunta.

Actuacións e criterios de mobilidade

Facilitaranse medios alo alumnado para o desprazamento ao lugar onde se realice a estadía, según o que dispoña na normativa correspondente establecida pola CAPD.

Incentivarase que as estadías sexan no estranxeiro e teñan unha duración mínima de tres meses o cual facilita a obtención da mención de "Teses internacional".

 

 

Presentación de comunicacións en congresos científicos internacionais

Número de horas (duración)

75

Optativa

Obrigatoria

Lingua de impartición: Inglés/Castelán

Detalle e planificación

O alumnado planificará esta acción de acordo cos seus directores/as e tutores/as, segundo o seu plan de actividades, e seguindo a normativa da Comisión Académica a respecto.

O idioma será o de traballo do congreso que frecuentemente é o inglés.

Para o cálculo da duración desta actividade tívose en conta tanto a preparación da ponencia (50 h) como a asistencia ao congreso de duración media de 3 días (25 h).

Todo o alumnado deberá realizar esta actividade preferentemente no segundo cuadrimestre do segundo ano de doutoramento.

Resultados de aprendizaxe

Desenvolver e adquirir:

  • Capacidade de síntese e defensa intelectual do traballo desenvolvido
  • Habilidades para a discusión razoada de resultados
  • Capacidade de análise crítica de resultados
  • Habilidades de comunicación oral e escrita

Competencias relacionadas

O conxunto de competencias básicas, xerais e específicas. CT01, CT02, CA02, CA06.

Procedemento de control

O alumnado deberá aportar a correspondente certificación de asistencia e presentación de comunicación, nos termos contemplados na normativa da CAPD

Actuacións e criterios de mobilidade

Facilitaranse medios ao alumnado para o desprazamento ao lugar onde se realice a estadía, segundo o que dispoña a normativa correspondente establecida pola CAPD.

 

Preparación dunha publicación científica internacional

Número de horas (duración)

50

Optativa

Obrigatoria

Lingua de impartición: Inglés

Detalle e planificación

Antes de presentar a tese doctoral cada estudante debe terse redactado e enviado a unha revista científica un artigo. O idioma será o de traballo da revista que no campo das TICs adoita ser o inglés.

Todo o alumnado deberá realizar esta actividade preferentemente no primeiro cuadrimestre do terceiro ano de doutoramento.

Resultados de aprendizaxe

Desenvolver e adquirir:

  • Capacidade de síntese e defensa intelectual do traballo desenvolvido
  • Habilidades para a discusión razoada de resultados
  • Capacidade de análise crítica de resultados
  • Habilidades de comunicación escrita

Competencias relacionadas

O conxunto de competencias básicas, xerais e específicas. CT01, CT02, CA02, CA06.

Procedemento de control

Copia do artigo e proba documental de envío á revista

Actuacións e criterios de mobilidade

 

 

Cursos de formación transversal

Número de horas (duración)

Ata 25

Optativa          

Obligatoria      

Lingua de impartición: Inglés/Castelán/Galego

Detalle  planificación

Cursos optativos co claro obxectivo de formar aos alumnos en metodoloxías e ferramentas de carácter transversal.

A oferta publicarase de forma anual e na medida do posible en colaboración con outros programas de doutoramento da Universidade de Vigo.

(ver listado tentativo ao final do apartado)

Resultados de aprendizaxe

 

Competencias relacionadas

 

Procedemento de control

Avaliarese de acordo coa guía docente de cada curso

Actuacións e criterios de mobilidada

 

 

Cursos de formación avanzada

Número de horas (duración)

Ata 225

Optativa          

Obrigatória      

Lingua de impartición: Inglés/Castelán/Galego

Detalhe e planificación

Actividade optativa que contempla o recoñecemento por parte da CAPD de cursos ou seminarios de outros programas de doutoramento nacionais ou estranxeiros. No caso de que o curso ou seminario non estea medido en créditos ECTS, a CAPD establecerá a equivalencia correspondente.

Máximo de 3 ECTS por curso ata un máximo de 9 ECTS.

Resultados de aprendizaxe

 

Competencias relacionadas

 

Procedemento de control

Certificado de asistencia. Non serán avaliables.

Actuacións e criterios de mobilidade

Facilitaranse medios ao alumnado para o desprazamento ao lugar onde se realice o curso, segundo o que dispoña a normativa correspondente establecida pola EIDO.

LISTADO PROVISIONAL DE CURSOS TRANSVERSAIS (actualizarase curso a curso)

En cada curso académico os e as estudantes do programa de doutoramento DocTIC terán a opción de participar nun conxunto de cursos de formación en competencias transversais. Os cursos ofértanse tanto polo Vicerreitorado de Organización Académica no marco do programa de Formación Permanente do PDI da Universidade de Vigo, a Escola Internacional de Doutoramento, ou o propio programa de doutoramento DocTIC. Na seguinte táboa, recóllense os cursos ofertados nos últimos anos.

Título

Descrición do curso

Colaboración con outro/s programa/s de doutoramento ou outros programas de formación da Universidade de Vigo

Curso de Formación en Análise Avanzado da Información (Microsoft Excel)

Este curso permite obter os coñecementos avanzados para analizar e tratar a información con Excel.

Vicerreitorado de Organización Académica e Profesorado

Curso de Formación en Estatística con "R" para Investigadores

Neste curso utilízase o programa estatístico "R". Inclúe unha breve introdución ao programa R e as técnicas estatísticas de Minería de Datos máis utilizadas, cun enfoque práctico e aplicado.

Vicerreitorado de Organización Académica e Profesorado

Curso de Formación en Inteligencia Artificial con Deep Learning Este curso es una introducción práctica al Deep Learning, donde, además de las técnicas de preparación de la información, se presentarán los componentes fundamentales de una red neuronal, los procesos de diseño y entrenamiento de la red, así como su evaluación. Vicerreitorado de Organización Académica e Profesorado
Crafting good communication skills: talks and posters This course aims to cover the essential topics about effective science communication in meetings and conferences. Students will learn the essentials for making clear catching talks and posters Do*MAR
Seminar on scientific writing Aportación conceptual y práctica para ganar en eficiencia y comunicación en el ámbito de la investigación. Incluirá técnicas de escritura de publicaciones y propuestas Do*MAR
Redacción y Defensa de la Tesis doctoral La redacción y presentación de trabajos de investigación (tesis doctorales, artículos, trabajos fin de máster, etc.) suele ser una tarea muy laboriosa, en la que se resume todo el tiempo y el esfuerzo invertidos en la investigación, y mostramos la capacidad para llevar a cabo dicho trabajo de manera eficiente.
Este curso está pensado para aprender a realizar de forma eficaz estos documentos y, en aquellos que lo precisen, su posterior presentación ante un tribunal.
EIDO