Explicación xeral da planificación do plan de estudos
ORGANIZACIÓN DO PROGRAMA E ACTIVIDADES FORMATIVAS
As actividades formativas do Programa de Doctorado a través dos seus cursos e seminarios serán multidisciplinares e flexibles para que cada estudante, supervisado polos seus directores ou directoras, poida elixir os cursos a realizar de toda a oferta formativa do Programa de Doctorado e da Escola de Doutoramento.
As actividades serán optativas, agás a defensa das actividades realizadas, que terá carácter anual, a presentación de comunicacións en congresos científicos internacionais e revistas internacionais.
Será a Comisión Académica do Programa de Doctorado quen coordine o programa e apruebe o plan de actividades a realizar en cada curso académico.
5.1. Supervisión da tese
O Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Vigo, aprobado no Consello de Goberno do 7 de febreiro de 2020, establece as normas de aplicación para a supervisión e seguimento das actividades propias do doutoramento na Universidade de Vigo. A continuación, recóllense as normas relativas á supervisión de teses de aplicación no momento en que se redacta esta Memoria.
Profesorado do Programa de Doutoramento
Todo o profesorado do Programa de Doutoramento deberá estar en posesión do título de doutor, sen prexuízo da posible colaboración en determinadas actividades específicas doutras persoas ou profesionais en virtude da súa relevante cualificación científica ou profesional no correspondente ámbito de coñecemento.
Será factíbel incorporar ao programa persoal docente ou investigador alleo á propia universidade. Neste caso, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento acreditará esta condición e garantirá os recursos necesarios para estas incorporacións, debendo comunicalo á universidade.
Tutores do Programa de Doutoramento
A admisión definitiva dun doutorando nun Programa de Doutoramento leva a asignación dunha persoa Tutora, designada pola Comisión Académica do Programa de Doutoramento correspondente. Trátase de profesorado asignado ao programa con vinculación permanente coa universidade e/ou entidade colaboradora no Programa de Doutoramento.
Con carácter xeral, a persoa tutora terá como funcións: (i) velar pola interacción do doutorando coa Comisión Académica do Programa de Doutoramento e, conxuntamente, co/a Director/a da tese; e (ii) velar pola adecuación ás liñas do Programa da formación e a actividade investigadora do doutorando.
A estas funcións súmanse as recomendacións establecidas na "Guía de boas prácticas para a dirección de Tese de Doutoramento" (aprobada pola Comisión Permanente da EIDO, na sesión do 20/5/2016):
- Asesorar e informar ao doutorando sobre o funcionamento do programa, así como sobre as actividades formativas ofrecidas
- Realizar unha labor de información, asesoramento e consulta sobre cuestións administrativas relacionadas co programa
- Asesorar axeitadamente ao doutorando para a utilización e aproveitamento satisfactorio dos recursos de investigación dispoñibles
A Comisión Académica do Programa de Doutoramento, escoitado/a o/a doutorando/a, poderá modificar o nomeamento do Tutor/a en calquera momento do período de realización do doutoramento, sempre que concorran razóns xustificadas.
A labor de Tutorización será recoñecida como parte da dedicación docente e investigadora do profesorado.
Directores da tese de doutoramento
No prazo máximo de tres meses desde a súa matriculación, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento asignará a cada doutorando/a un/a director/a de tese. O/A director/a da Tese será o/a máximo/a responsable da coherencia e idoneidade das actividades de formación, do impacto e novidade no seu campo, da temática da tese e da guía na planificación e a súa adecuación, no seu caso, á de outros proxectos e actividades onde se inscriba o/a doutorando/a.
Poderá ser director/a de tese calquera doutor/a español/a ou estranxeiro/a, con experiencia acreditada investigadora, con independencia da universidade, centro ou institución onde preste os seus servizos. A efectos desta normativa, por experiencia acreditada investigadora enténdese o cumprimento de algún destes requisitos:
- Ter recoñecido polo menos un sexenio de actividade investigadora avaliado pola CNEAI ou, no seu defecto, acreditar méritos suficientes que garantan a avaliación positiva dun sexenio de actividade investigadora segundo o establecido pola CNEAI para cada campo científico
- Ser, nos últimos 6 anos, investigador/a principal dun proxecto de investigación financiado mediante convocatoria pública (excluíndo os proxectos de convocatorias propias da universidade)
- Acreditar a autoría ou coautoría de polo menos 3 publicacións en revistas incluídas no Journal Citation Reports. Nas áreas onde, pola súa tradición, non sexa aplicable este criterio, substituirase por un requisito comparable segundo o establecido pola Comisión Nacional Evaluadora da Actividade Investigadora (CNEAI) nestes campos científicos.
- Acreditar a autoría ou coautoría dunha patente en explotación
- Haber dirixido unha tese de doutoramento coa cualificación de Sobresaiente (ou equivalente á máxima cualificación no seu defecto) que deu lugar, polo menos, a unha publicación en revistas indexadas no ISI-JCR ou algunha contribución de relevancia equivalente no seu campo científico segundo os criterios da Comisión Nacional Evaluadora da Actividade Investigadora (CNEAI)
No caso de que un/a profesor/a do programa cumpra cos requisitos para ser director/a e tutor/a asumirá as dúas funcións, de ser o caso.
No caso de que o/a director/a non teña vinculación permanente coa universidade ou entidade colaboradora do programa ou non sexa profesorado do programa, o programa asignará unha persoa tutora que cumpra cos requisitos establecidos no Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade.
Con carácter xeral, o/a director/a de tese terá como funcións (recollidas na "Guía de boas prácticas para a dirección de Tese de Doutoramento"):
- Ofrecer apoio intelectual, formativo e administrativo a un/a doutorando/a co obxectivo de culminar os seus estudos.
- Coñecer a normativa e estruturas administrativas da Universidade de Vigo.
- Asegurarse de que o/a doutorando/a ten a información administrativa e coñece os prazos relevantes para o desenvolvemento da súa tese de doutoramento.
- Asesorar ao/á doutorando/a en todo o proceso de elaboración da tese:
- Orientar ao/á doutorando/a na elaboración do plan de investigación,
- Aconsellar e guiar ao/á doutorando/a para cumprir coas expectativas marcadas ao inicio e no tempo previsto,
- Supervisar o traballo e o cumprimento do mesmo por parte do/de la doutorando/a, mediante a interacción de forma regular,
- Garantir que o traballo de investigación do/de la doutorando/a sexa orixinal e cumpra cos requisitos académicos,
- Revisar o documento de actividades do/de la doutorando/a para asesoralo/a sobre actividades formativas complementarias necesarias para a súa formación,
- Cumprimentar coa suficiente antelación á data de entrega a documentación de carácter administrativo que o doutorando/a necesite para os seus trámites.
A Comisión Académica do Programa de Doutoramento, escoitado/a o/a doutorando/a, poderá modificar o nomeamento da persoa directora de Tese en calquera momento do período de realización do doutoramento, sempre que concorran razóns xustificadas.
A tese poderá ser codirixida, por un máximo de dúas persoas, cando concorran razóns de carácter académico ou cando a interdisciplinariedade temática ou os programas desenvolvidos en colaboración nacional ou internacional así o xustifiquen. En todo caso, a codirección deberá ser previamente autorizada pola Comisión Académica do Programa de Doutoramento. Dita autorización poderá ser revocada posteriormente se, a xuízo da Comisión Académica do Programa de Doutoramento, a codirección non beneficia o desenvolvemento da Tese.
Os codirectores da tese deberán cumprir cos mesmos requisitos que os establecidos para os/as directores/as no Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Vigo e terán as mesmas competencias que o director ou directora.
Nos casos de teses en cotutela ou doutorados industriais, poderase contar cunha persoa directora adicional ao límite máximo establecido, sempre que pertenza á outra universidade (cotutela) ou á empresa/institución (doutorado industrial).
No caso de directores/as novos/as, fomentarase a codirección cun/a director/a experimentado/a. No caso de que un/a director/a novel solicite á CAPD a axuda dun/a codirector/a, a CAPD comprométese a buscar un/a investigador/a experimentado/a que poida asumir este papel. Para iso, o programa de Doutoramento indicará anualmente as liñas de investigación nas que un/a investigador/a experimentado/a está disposto/a a aceptar a codirección dunha Tese cun/a director/a novel. En todo caso, os/as directores/as novos/as expoñerán aos/as directores/as experimentados/as a liña ou liñas sobre as que van dirixir teses. Unha vez teñan o visto bo da CAPD, polo menos un/a director/a experimentado/a deberá actuar como conselleiro para a primeira dirección de tese, mantendo reunións periódicas co/a director/a novel e/ou o/a doutorando/a. Esta tutorización poderá chegar á codirección no caso de que se concrete a participación do/a director/a experimentado/a en algunha ou algunhas das publicacións.
Por outro lado, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento (CAPD) asesorará e orientará aos/as directores/as emitindo recomendacións tras a avaliación anual do Plan de Investigación, pois tal actividade ten a dobre vertente: valoración do desempeño tanto do/a doutorando/a como das persoas directoras da tese. Isto será especialmente importante no caso da dirección de teses por parte de directores/as novos/as.
A labor de dirección ou codirección de teses será recoñecida como parte da dedicación docente e investigadora do profesorado.
Relación de mecanismos existentes que fomentan e recoñecen a dirección de teses doutorais:
- Recoñecemento por parte da Universidade de Vigo da dirección de teses na dedicación docente e investigadora segundo establece a "Normativa de dedicación e de recoñecemento en POD de actividades do PDI". Actualmente este recoñecemento é dunha dedución de 10 horas/ano de actividade docente básica por cada tese dirixida e defendida na Universidade de Vigo nos últimos tres cursos, tendo en conta o número de directores/as, ata un máximo de 60 horas.
- Recoñecemento por parte da Universidade de Vigo da dirección de teses na valoración da produción científica.
- Recoñecemento por parte da Xunta de Galicia a través das axudas para a consolidación de grupos de investigación, pois a dirección de teses doutorais é un dos méritos necesarios para a concesión de grupo de referencia por parte da Comunidade Autónoma. Varios dos grupos de investigación que se integran neste doutoramento xa teñen este recoñecemento e outros están en vías de alcanzalo, o que xa lles obriga a fomentar a dirección de teses.
- Recoñecemento por parte da Xunta de Galicia para a concesión dos complementos salariais de excelencia curricular.
5.2. Seguimento do doutorando/a
Documento de Actividades do Doutorando/a
Unha vez matriculado no Programa, materializarase para cada doutorando/a o documento de actividades personalizado a efectos do rexistro individualizado. Nel inscribiranse todas as actividades de interese para o desenvolvemento do doutoramento segundo o establecido pola unidade responsable dos estudos de doutoramento na universidade e supervisarase anualmente pola CAPD.
Dito documento deberá axustarse ao formato establecido, rexistrarse na aplicación informática e deberá quedar constancia documental que acredite a realización das actividades levadas a cabo polo/a doutorando/a.
O/A doutorando/a terá acceso ao Documento de Actividades do Doutorando/a para anotar e actualizar as actividades que realice no contexto do programa. Os seus rexistros serán validados polo órgano académico correspondente tras a valoración das persoas Tutor/a e Director/a, previa comprobación pola administración da autenticidade/veracidade dos méritos alegados, de ser o caso.
Ao Documento de Actividades do Doutorando/a terán acceso, para as funcións que correspondan en cada caso, o/a doutorando/a, ou o/a seu/súa Tutor/a, ou o/a seu/súa Director/a de tese, a Comisión Académica do Programa de Doutoramento, a unidade responsable dos estudos de doutoramento na universidade e o persoal de administración responsable.
Plan de Investigación
Antes de seis meses a contar desde a data da matrícula o/a doutorando/a elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía que empregará e os obxectivos que se deben alcanzar, así como os medios e a planificación temporal para alcanzalos. O plan deberá ser presentado e avalado co informe das persoas Directora e Tutora e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderase mellorar e detallar no proceso de avaliación anual contando co aval das persoas Directora e Tutora.
Anualmente a Comisión Académica do Programa de Doutoramento supervisará o Plan de Investigación e o Documento de Actividades e disporá para realizar a supervisión dos informes que a tal efecto deberán emitir o/a Tutor/a e o/a Director/a. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no Programa. No caso de avaliación negativa, que será debidamente motivada, o/a doutorando/a deberá ser de novo avaliado/a no prazo de seis meses, para o que elaborará un novo Plan de Investigación. No suposto de producirse unha nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no Programa.
O incumprimento do prazo de presentación do plan de investigación conlevará o arquivo da matrícula. Dito arquivo transformarase nunha baixa definitiva se non se presenta o plan de investigación finalizado o curso no que debería terse presentado.
Compromiso de supervisión
As funcións de supervisión, tutela e seguimento dos doutorandos/as reflectiranse nun Compromiso de supervisión. Dito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a Tutor/a e o/a doutorando/a nun prazo máximo dun mes a contar desde a data de matrícula, incorporándose a sinatura do/a Director/a no momento da súa designación. Este Compromiso de supervisión incorporarase ao Documento de Actividades do/a doutorando/a no momento da súa sinatura por todos/as os/as implicados/as.
No Compromiso de supervisión especificarase a relación académica entre o/a doutorando/a e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluíndo os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Incluiranse tamén os deberes do/a Tutor/a do/a doutorando/a e do/a seu/súa Director/a de tese.
No compromiso de supervisión deberán figurar as condicións nas que se publicará a tese de doutoramento.
A asignación de persoa Tutora poderá facerse de dous modos:
- Se o/a estudante xa ten persoa/s Directora/s de tese e polo menos unha delas cumpre os requisitos para ser Tutora, a Comisión Académica elixirá a Tutora entre as Directoras.
- No caso contrario a CAPD nomeará á Tutora entre o profesorado que cumpra as condicións para exercer dita labor.
A Comisión Académica poderá reconsiderar a asignación de Tutora a petición do alumnado ou dos directores.
A asignación de persoa Directora poderase efectuar por dúas vías:
- Proactiva por parte do alumnado. Para iso o Programa de Doutoramento porá á disposición do alumnado unha base de datos coas liñas de investigación de cada grupo de investigación. Dentro de cada liña de investigación, o alumnado poderá consultar os datos do profesorado que traballa na mesma, así como a temática concreta de investigación a través de palabras clave. Así o alumnado poderá reunirse co profesorado de DocTIC e elixir persoa/s directora/s despois dun acordo. A Comisión Académica ratificará, se procede, esa asignación.
- Pasiva por parte do alumnado. Unha vez que o/a estudante sexa admitido/a no Programa de Doutoramento, e segundo o seu Curriculum Vitae e a temática investigadora elixida, a Comisión Académica buscará á/s persoa/s directora/s máis adecuadas coas que se porá en contacto enviándolle o CV do/a estudante. Despois do seu estudo, o profesorado poderá admitir ou non ao alumnado como doutorando/a comunicándollo á Comisión Académica que ratificará, se procede, esa asignación.
A Comisión Académica poderá reconsiderar a asignación de directora a petición do alumnado ou dos propios directores.
Anualmente o alumnado entregará á Comisión Académica os certificados das actividades que realizou ao longo do curso académico. A Comisión valorará estas actividades e recoñecerase ou non como actividades formativas do Programa de Doutoramento, co correspondente número de créditos.
O alumnado presentará anualmente o Plan Anual de Investigación no que constarán tanto as súas actividades de investigación como as actividades formativas que vai realizar, tanto cursos como congresos e estadías de investigación. Este documento terá que estar asinado pola/s súa/s persoa/s directora/s.
Convocarase ao alumnado, ás persoas tutoras e directoras a unha sesión pública na que darán conta do cumprimento dese Plan Anual de Investigación ante a Comisión Académica, que será a que, no seu caso, o aprobará ou non. Nesta sesión participarán de forma habitual expertas nacionais e estranxeiras de recoñecido prestixio que valorarán o rendemento do doutorando e dos directores.
O obxectivo é que todo o alumnado do Programa de Doutoramento realice polo menos unha estadía de investigación ao longo da súa formación, tal como se recolle no listado de actividades a desenvolver polo alumnado. Estas estadías facilitarán a consecución dos requisitos establecidos para a obtención da Mención Internacional da Tese e a co-tutela por directores de outros países.
Durante os primeiros cursos de impartición do programa de doutoramento, reservábase entre un 60% e un 70% dos fondos dispoñibles en DocTIC para a financiación de estadías. Desde o curso 2018/19, as bolsas de mobilidade para o alumnado de doutoramento centralizáronse na EIDO, que conta cun presuposto aproximado de 55.000 € por curso académico.
Ademais, tal como vén sendo habitual, os grupos de investigación implicados e atlanTTIC financiarán, dentro das súas posibilidades, axudas de mobilidade. Tamén se recorrerá ás axudas para viaxes e estadías da Universidade de Vigo e da Comunidade Autónoma.
5.3. Normativa de lectura da tese
A normativa sobre teses de doutoramento regrase na Universidade de Vigo no capítulo 9 do Regulamento de Estudos de Doutoramento (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/368). A continuación, inclúese un resumo do seu contido:
Artigo 34. A tese de doutoramento: redactarase en lingua galega, castelá, inglesa ou portuguesa, ou na lingua de uso común no ámbito científico, técnico ou artístico de que se trate. A escola de doutoramento poderá autorizar a redacción en outra lingua, tras o informe favorable da CAPD e garantindo que o tribunal estea en condicións de xulgar. Se se redacta nunha lingua diferente do galego ou do castelán, deberá incluír un resumo de polo menos 3000 palabras en galego ou en castelán. Estrutura: resumo, introdución, obxectivos, metodoloxía, resultados, conclusións e bibliografía, os informes de valoración da tese do director/a e do tutor/a. A escola de doutoramento ten publicada unha guía de boas prácticas para a dirección de teses de doutoramento e unha guía de estilo para a presentación.
Artigo 35. Procedemento de autorización da tese para a súa defensa: tras o informe favorable da dirección ou, no seu caso, do tutor, o autor solicitará autorización á CAPD para a defensa, despois a CAPD remitirá á escola de doutoramento a documentación correspondente (informe, exemplar de tese conforme ás normas de estilo vixentes, documentación para a mención internacional se é o caso, documento de actividades, plan de investigación, informes, proposta de composición do tribunal...)
Recibida a documentación e revisada pola unidade competente, abrirase un período de exposición pública de 10 días hábiles en período lectivo, para que calquera doutor/a poida examinala e presentar por escrito as consideracións á escola de doutoramento.
Despois, o órgano designado pola escola de doutoramento valorará a tese tendo en conta o informe da CAPD e as alegacións recibidas. Poderase convocar ao doutorando/a e ao director/a ou solicitarlle unha resposta razoada ás alegacións ou outra información que se considere necesaria, e poderase consultar á CAPD e/ou contar coa colaboración de outros/as doctores/as externos/as para asesoramento. Tras a valoración decidirase aprobar ou denegar a continuidade dos trámites. Esta decisión comunicarase á persoa que dirixa a tese, ao/a estudante e á CAPD.
Se se denegase a continuidade dos trámites, debidamente motivada, comunicaranse ao/a doutorando/a as vías que poidan conducir á corrección da tese, antes de proceder a unha nova solicitude de depósito.
Se fose favorable, aprobarase o tribunal. O nomeamento do tribunal e dos suplentes comunicarase á CAPD, ao/a director/a e a cada un dos membros. A cada membro do tribunal enviaráselle un exemplar da tese e o expediente do/a doutorando/a.
A defensa pública deberá realizarse nun prazo máximo de tres meses desde a autorización da defensa, salvo causas debidamente xustificadas. Se se supera este prazo, deberanse iniciar de novo os trámites de autorización da tese para a defensa.
O/A doutorando/a estará obrigado/a a introducir os datos da súa tese na base TESEO segundo o procedemento e os prazos que estableza a Universidade.
Artigo 36. Tese con protección de dereitos. Nas teses nas que existan cláusulas de confidencialidade con empresas ou con dereitos de propiedade industrial ou intelectual, entregarase dúas versións, unha reducida, que será a que se expoña na fase de alegacións e que quedará no repositorio institucional, e unha completa, que quedará arquivada e enviarase ao tribunal co compromiso de confidencialidade
Artigo 37. Tribunal de avaliación: A CAPD proporá unha relación de sete membros. O órgano designado pola escola de doutoramento avaliará a proposta de tribunal que deberá estar acompañada dun informe individualizado e razonado sobre a idoneidade de cada un dos membros, así como a aceptación expresa para formar parte do tribunal.
Estará constituído por tres persoas titulares e dous suplentes. Entre eles nomearase un/a presidente/a e secretario/a. Se ningunha pertence á Uvigo, a CAPD designará un/a profesor/a do programa de doutoramento da Universidade como responsable da recepción das actas e da súa entrega na unidade administrativa correspondente. Non poderá formar parte do tribunal titular máis dun membro da mesma entidade.
En caso de renuncia por causa xustificada, substituirase á persoa suplente por orde.
O tribunal deberá cumprir cos seguintes requisitos:
-Deben ser doctores/as con experiencia investigadora acreditada. O profesorado universitario poderá formar parte dos tribunais de teses de doutoramento aínda que estean en situación de excedencia, xubilación, servizos especiais ou comisión de servizo. O profesorado contratado laboral poderá formar parte dos tribunais detese de doutoramento aínda que estean en situacións laborais equivalentes ás anteriores.
-Maioría de membros externos á Universidade e institucións colaboradoras no programa de doutoramento. Non poderá formar parte do tribunal titular máis dun membro da mesma entidade.
-Nas teses que conteñan publicacións literalmente transcritas, os coautores/as das publicacións non se considerarán alleos á universidade para os efectos da limitación dun membro por institución sinalada anteriormente.
-En ningún caso poderán formar parte o/a director/a ou codirectores/as nin o/a tutor/a, salvo o caso de teses presentadas no marco de acordos bilaterais de cotutela con universidades estranxeiras que así o teñan previsto ou nos casos de teses presentadas en programas de doutoramento conxuntos con universidades estranxeiras, en virtude dos correspondentes convenios.
-Para teses con mención internacional polo menos, unha persoa experta con título de doutor/a dunha institución de ensino superior ou centro de investigación de prestixio non español. O tribunal estará formado por unha maioría de membros alleos ás universidades participantes no programa, aos coautores das publicacións incluídas literalmente na tese e ás institucións onde se realizará(n) a(s) estadía(s).
-Contará coa presenza dun mínimo dun membro de cada sexo e o conxunto dos titulares e suplentes contará coa presenza dun mínimo de dous membros de cada sexo.
-Non poderá formar parte quen incida en causas de absteñción.
Artigo 38. Acto de defensa pública da tese: Autorizada a defensa pública o/a doctorando/a deberá efectuar o pagamento das taxas dos dereitos de exame do grao de doutor/a Despois o órgano designado pola escola de doutoramento remitirá ao secretario/a do tribunal os documentos que se deberán cubrir no acto de defensa da tese de doutoramento (acta de constitución do tribunal, acta da sesión, sobres oficiais para os informes confidenciais da mención cum laude e de premio extraordinario de doutoramento)
O/A presidente/a do tribunal convocará o acto de defensa e o/a secretario/a comunicará con 10 días de antelación o día, lugar e hora do acto á escola de doutoramento, que informará aos interesados e fará a publicidade pertinente.
A defensa deberá realizarse en sesión pública, durante período lectivo do calendario académico e será na propia universidade española na que o/a doutorando/a estivese matriculado/a ou segundo se indique nos convenios de colaboración para os títulos conxuntos. Outras opcións requirirán a autorización expresa do órgano designado pola escola de doutoramento, e asegurarase, en todo momento, o cumprimento da normativa. En casos xustificados por circunstancias excepcionais que impidan a presenza física dun membro do tribunal, poderase facer por videoconferencia, a condición de que os outros dous membros estean presentes. En ningún caso, este membro ausente poderá ser o presidente/a nin o secretario/a.
Os membros do tribunal deberán expresar a súa opinión sobre a tese e poderán presentar cuestións e obxeccións ás que o/a doutorando/a deberá contestar. Os/as doutores/as presentes poderán formular cuestións e obxeccións, e o/a doutorando/a deberá responder no momento e forma que indique o/a presidente/a.
Artigo 39. Cualificación da tese de doutoramento
O tribunal emitirá un informe sobre a tese e a cualificación global concedida á tese de acordo coa escala: Non apto, aprobado, notable e sobresaliente. Se o/a estudante solicita optar á mención internacional o/a secretario/a incluirá no acta a certificación dos requisitos. O/A presidente/a comunicará en sesión pública a cualificación.
Poderase conceder a mención cum laude se a cualificación global é de sobresaliente e emite en tal sentido o voto secreto positivo por unanimidade.
O/A secretario/a do tribunal, ou docente en que delegue, será responsable da documentación e deberá remitila debidamente cuberta á unidade administrativa responsable no prazo máximo de cinco días hábiles.
Artigo 40. Arquivo da tese de doutoramento. A Universidade arquivoará a tese en formato electrónico aberto nun repositorio institucional e remitirá, en formato electrónico, un exemplar, así como toda a información complementaria necesaria ao ministerio competente na materia
Artigo 41. Teses que inclúen artigos de investigación.
O conxunto de traballos que o/a doutorando/a teña publicados, ou conte con aceptación definitiva para publicarse, durante a etapa de realización poderá constituír a tese doutoral. Como regra xeral, cada publicación debe facer constar a adscrición do/a doutorando/a á universidade.
Documentación adicional:
- 1. Informe de quen dirixe a tese coa aprobación da CAPD onde se especifique a idoneidade da inclusión dos artigos de investigación, a relación de publicacións, a contribución do estudante de doutoramento, no caso de que sexan máis coautores/as; e os indicios de calidade das publicacións presentadas.
- 2. Autorización da revista/editorial para o uso da publicación na tese doutoral. No caso de non ter esta autorización, presentará a aceptación por escrito dos coautores/as de que o/a doutorando/a presente o traballo como parte da tese.
Ademais, a tese debe incluír:
- Unha introdución, que conterá unha xustificación; obxectivos que se deben alcanzar; discusión xeral que dotará de coherencia e unidade; conclusións e bibliografía común.
- Unha copia íntegra das publicacións, onde conste necesariamente o nome e a filiación do/a autor/a. e de todas as persoas coautoras, orde, referencia completa da publicación, editorial, ISSN ou ISBN. Para artigos con aceptación definitiva que na presentación da tese aínda non estean publicados, engadirase o seu código de identificación (DOI nas publicacións dixitais).
- De non contar coa citada autorización da revista/editorial, o/a doutorando/a proveerá unha versión publicable no repositorio sen os artigos que non conteñan dita autorización. Neste caso, recoméndase que estes artigos figuren como anexos.
Artigo 42. Mención de doutoramento internacional
Poderase obter se concorren as seguintes circunstancias:
- Estancia mínima de tres meses fóra de España cursando estudos ou realizando traballos de investigación, avalados polo director e autorizados pola CAPD, durante a etapa de tese.
- Parte da tese (pelo menos a introdución, o resumo e conclusións) redactada, presentada e defendida nunha exposición pública nunha das linguas habituais para a comunicación científica diferente das linguas oficiais en España
- Tese avaliada por polo menos dous expertos doutores pertencentes a algunha institución de ensino superior ou instituto de investigación non español, non coincidente coa institución na que se realizou a estancia.
- Polo menos un experto pertencente a algunha institución de ensino superior ou centro de investigación non español, doutor, e diferente dos expertos referidos no apartado c), formará parte do tribunal avaliador da tese e diferente dos expertos referidos en c). Non poderá formar parte do tribunal a persoa responsable da estancia mencionada no apartado a). O tribunal estará formado maioritariamente por membros alleos ás universidades participantes no programa, aos coautores das publicacións incluídas literalmente na tese e ás institucións onde se realizarán as estancias.
- Defensa realizada na propia universidade española na que o doctorando estaba matriculado ou en calquera das universidades participantes ou segundo os termos indicados nos convenios de colaboración.
- Que a estancia mencionada no apartado a) constitúa unha verdadeira acción de mobilidade do doctorando, cara a un país diferente ao da súa residencia habitual e diferente ao país no que se desenvolveu a súa formación académica previa ao doutoramento.
Artigo 43. Tese en réxime de cotutela internacional
Poderá obterse se:
- A tese está supervisada por dous ou máis doutores de duas universidades, unha española e outra estranxeira, formalizando un convenio.
- O doctorando durante o período de formación desenvolveu unha estancia mínima de seis meses coa institución coa que se establece o convenio.
Artigo 44. Mención de doutoramento industrial
Poderá obterse esta mención se concorren as seguintes circunstancias:
a) Existencia dun contrato laboral ou mercantil subscrito pola persoa doutoranda cunha empresa do sector privado, público ou administración pública.
b) O doutorando deberá participar nun proxecto de investigación industrial ou de desenvolvemento experimental na institución, que teña relación directa coa tese. Esta relación deberá acreditarse cunha memoria que avaliará a unidade responsable do programa de doutoramento.
c) Subscríbase un convenio de colaboración entre as institucións.
A Universidade de Vigo proporciona, a través da partida centralizada da EIDO dun orzamento de gastos para a defensa da Tese. Este orzamento permite normalmente cubrir os gastos de viaxes e dieta dos membros do tribunal, incluíndo o caso de expertos internacionais que se despracen desde o estranxeiro. No caso de que o orzamento non sexa suficiente para cubrir todos os gastos previstos, existe a posibilidade de amplialo.
REQUISITOS PARA A LECTURA DA TESE
Para que o alumno ou alumna poida defender a tese doutoral no Programa de Doutoramento deberá contar coa autorización da Comisión Académica, que verificará o cumprimento dos seguintes requisitos:
- Ter aprobado o Plan de Investigación.
- Dispoñer de avaliación positiva anual do Plan de Investigación.
- Ter o visto bo das persoas Directora e Tutora.
- Verificación do cumprimento das actividades formativas obrigatórias 3 e 4.
- Que a tese derivase en polo menos un artigo aceptado para a súa publicación nunha revista indexada no JCR. No caso de non alcanzar este último requisito, a Comisión Académica poderá establecer, de forma excepcional, e tras a petición razoada e xustificada do alumno e do director, criterios alternativos para a lectura da tese. Estes criterios deberán asegurar que os resultados da Tese Doutoral son orixinais e teñen a calidade necesaria para poder ser defendida publicamente.