8. Revisión, mellora e resultados do programa
8.1. Sistema de Garantía de Calidade e estimación de valores cuantitativos
SISTEMA DE GARANTÍA DE CALIDADE DO PROGRAMA DE DOUTORADO
1. PRESENTACIÓN E REFERENCIAS EN MATERIA DE CALIDADE
A Declaración de Boloña, no ano 1999, establece como un obxectivo fundamental a promoción da cooperación europea en calidade co obxecto de desenvolver criterios e metodoloxías comparables no seu sistema de educación superior.
Os Criterios e directrices para a garantía de calidade no Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) establecidos por ENQA (Asociación Europea para a Garantía de Calidade na Educación Superior) e os seus membros e entidades colaboradoras marcan, no ano 2005, o primeiro paso para establecer un conxunto de valores, expectativas e boas prácticas relativos á calidade e a súa garantía amplamente compartidos entre as institucións e axencias do EEES.
Estes criterios e directrices son aplicables a toda a educación superior impartida no EEES, e, na súa actualización no ano 2015, inciden na conexión do ensino e da aprendizaxe coa investigación e a innovación, isto é, co Espazo Europeo de Investigación (EEI).
A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades, modificada pola Lei Orgánica 4/2007, do 12 de abril, define a estrutura das ensinanzas universitarias en tres ciclos: grao, máster universitario e doutoramento. O seu desenvolvemento lexislativo estatal (Real Decreto 99/2011, do 28 de xaneiro) e autonómico (Decreto 222/2011, do 2 de decembro, modificado polo Decreto 161/2015, do 5 de novembro) establece o marco para mellorar a calidade en todas as áreas da actividade universitaria e para regular os procesos de verificación, seguimento e acreditación dos programas de doutoramento.
Con todo isto, o programa FIDES-AUDIT da ACSUG (Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia) establece as directrices para deseñar os sistemas de garantía de calidade (SGC) das escolas de doutoramento do sistema universitario de Galicia. Este deseño debe permitir demostrar a calidade destas e dos seus programas, aumentar a súa transparencia e axudar a crear unha confianza mutua e un maior recoñecemento das súas cualificacións e programas formativos.
Por isto, o deseño e desenvolvemento do SGC dos programas de doutoramento regulados polo RD 99/2011 fundaméntase en:
- A consideración de todas as esixencias, criterios e directrices mencionadas nos epígrafes anteriores, e
- A experiencia e coñecemento adquiridos a través dos procesos de deseño, implantación e certificación dos SGC aplicables ás titulacións de grao e máster universitario.
A referencia para aplicar estes principios é a memoria de verificación do programa de doutoramento.
2. ESTRUTURA ORGANIZATIVA E DE RESPONSABILIDADES DO SGC
O funcionamento do programa de doutoramento enmárcase dentro do SGC da Escola Internacional de Doutoramento (EIDO). Este SGC ten un deseño centralizado, isto é, abarca todos os programas oficiais de doutoramento adscritos a ela.
Este SGC desenvólvese, tanto no ámbito estratéxico como no operativo, a través de diversos órganos da Universidade baixo os principios de interdependencia, coordinación e participación.
A estrutura institucional (transversal) de calidade, isto é, as funcións e responsabilidades institucionais básicas en relación coa calidade, está determinada nos Estatutos da Universidade e nas normativas que os desenvolven.
A natureza e funcionamento da EIDO da Universidade de Vigo establécense no seu Regulamento de Réxime Interno.
A estrutura de calidade da EIDO é a seguinte:
Comité de Dirección
O Comité de Dirección da EIDO, conforme ao RD 99/2011, é o órgano colexiado que realiza as funcións de organización e xestión desta.
Como órgano colexiado de representación e de decisión da EIDO, é o principal responsable do SGC dos seus programas de doutoramento, é dicir, do seu desenvolvemento, implantación, revisión e mellora.
Ademais das funcións descritas no seu RRI, correspóndenlle, en materia de calidade, as seguintes:
- Aprobar a política e os obxectivos de calidade.
- Aprobar o manual de calidade.
- Aprobar os procedementos de calidade.
Dirección
A persoa que desempeñe a dirección, asistida polo seu equipo de dirección, lidera, impulsa, coordina e supervisa as actividades da EIDO (art. 14 do seu RRI).
É quen representa o centro e, neste sentido, é a máxima responsable en materia de calidade. Preside a Comisión de Calidade da EIDO e garante a difusión da cultura de calidade nela.
O equipo de dirección complétase coa secretaría académica e coas subdireccións que autorice o Consello de Goberno.
Coordinación de Calidade
Unha das persoas do equipo de dirección terá o encargo da coordinación de calidade. A proposta de nomeamento correspóndelle á dirección da EIDO. A súa misión principal será impulsar a implantación, mantemento e mellora dos distintos programas ligados á calidade no centro e nos seus programas, así como axudar á difusión da cultura de calidade.
As súas funcións, en detalle, están descritas no Manual de Calidade da EIDO, dispoñible en [https://www.uvigo.gal/es/estudiar/organizacion-academica/eido-escuela-in...(https://www.uvigo.gal/es/estudiar/organizacion-academica/eido-escuela-in...).
Comisión de Calidade
A Comisión de Calidade da EIDO é un órgano colexiado.
As persoas que a integran son elementos clave no desenvolvemento dos programas de calidade da escola. Ademais da súa participación activa nas funcións específicas da comisión, deben ser axentes dinamizadores da xestión de calidade na EIDO.
A comisión ten representación dos distintos grupos de interese na actividade da EIDO, e constitúese para:
- Debater e propoñer a política e os obxectivos de calidade, así como revisar ambos para actualizalos, cando proceda.
- Debater e validar, se procede, o manual de calidade e os procedementos de calidade da EIDO.
- Realizar o seguimento dos distintos programas ligados á mellora da calidade da EIDO e dos seus programas de doutoramento adscritos, así como propoñer as melloras pertinentes.
- Colaborar coa implantación, desenvolvemento e seguimento do SGC.
- Debater, propoñer e realizar o seguimento das accións de mellora de calidade, co fin de potenciar continuamente a calidade da formación doutoral en todos os medios e procesos que nela inflúen, mediante unha colaboración constante cos órganos colexiados que teñan responsabilidades neste ámbito.
- Participar activamente en todos aqueles procesos académicos relativos á oferta formativa da EIDO (verificación de novos programas, modificación e/ou suspensión ou extinción dos existentes, procesos de acreditación), dando a súa valoración e de acordo coa normativa vixente.
- Intercambiar, debater e propoñer a participación da EIDO en plans institucionais, nacionais e internacionais en materia de calidade.
A súa composición, incluída a participación de persoas convidadas, réxime de funcionamento e elección dos seus membros están descritos no Manual de Calidade da EIDO, dispoñible en [https://www.uvigo.gal/es/estudiar/organizacion-academica/eido-escuela-in...(https://www.uvigo.gal/es/estudiar/organizacion-academica/eido-escuela-in...).
Comisión Académica do programa de doutoramento (CAPD)
A CAPD, conforme ao RD 99/2011, é a responsable da definición, actualización, calidade e coordinación do programa de doutoramento.
Responsable de calidade do programa de doutoramento
Cada CAPD, no marco das súas responsabilidades sobre calidade no desenvolvemento do programa de doutoramento, nomeará a unha persoa responsable en materia de calidade, que ten como funcións colaborar coa EIDO, e, en particular, coa persoa coordinadora de calidade, no desenvolvemento, implantación, seguimento e mellora dos procesos de calidade no programa.
En complemento destas funcións, todo o persoal da Escola de Doutoramento cuxas funcións teñan relación cos procedementos do SGC, estarán implicadas na aplicación da política e obxectivos de calidade, sendo cada unha delas responsable da implantación no seu campo de actividade específico.
3. MECANISMOS E PROCEDEMENTOS PARA A REVISIÓN, MELLORA E RESULTADOS DO PROGRAMA
Desenvolvemento e resultados do programa de doutoramento
O programa de doutoramento contará con mecanismos e procedementos que aseguren o seu desenvolvemento e os seus resultados para a súa mellora, isto é:
- Deseño, revisión periódica e mellora dos programas formativos
- O deseño e aprobación dos programas
- O seguimento, as eventuais modificacións e a renovación da acreditación dos programas
- A suspensión ou extinción dos programas
- Garantía de aprendizaxe, ensino e avaliación centradas no estudantado
- Os requisitos de acceso e criterios de admisión
- A aplicación de normativas relacionadas co estudantado
- A organización da formación doutoral
- A planificación das actividades formativas e o seu desenvolvemento temporal e duración
- A supervisión e seguimento dos doutorandos
- A avaliación da aprendizaxe dos doutorandos
- A adquisición de competencias dos doutorandos
- A realización, autorización e avaliación da defensa das teses doutorais en termos dunha investigación de calidade
- Resultados
- Análise dos resultados académicos, de satisfacción e de inserción laboral
- Revisión do sistema de garantía de calidade pola dirección
Procedementos que detallan estas actividades:
- Deseño e aprobación dos programas
- Seguimento, mellora e acreditación dos programas
- Suspensión e extinción dos programas
- Admisión
- Atención a estudantes e orientación profesional
- Xestión dos recursos materiais e servizos
- Aprendizaxe e avaliación dos doutorandos
- Autorización e defensa da tese
- Revisión do SGC
- Información pública e rendición de contas
Desenvolvemento dos programas de mobilidade
O programa de doutoramento contará con mecanismos e procedementos que aseguren o correcto desenvolvemento dos programas de mobilidade.
A CAPD preocúpase da mobilidade dos seus doutorandos. As súas actividades relacionadas coa mobilidade xestionaranse en colaboración cos órganos da Universidade de Vigo que coordinan, de forma centralizada, os programas institucionais de mobilidade e as estadías de investigación.
Neste sentido, existen mecanismos para a xestión da mobilidade tanto en ámbito nacional como internacional, que se desenvolven segundo programas cuxas características e requisitos son públicos e están dispoñibles de forma centralizada, xestionados polo vicerreitorado con competencias en relacións internacionais, en coordinación co vicerreitorado con competencias en investigación e a dirección da EIDO.
Estableceranse mecanismos e procedementos que, en coordinación cos distintos órganos da EIDO, inclúan:
- As actividades ligadas á promoción da mobilidade, que inclúen aspectos ligados a:
- - Fomento e a xestión das relacións externas
- - Planificación e desenvolvemento das actividades de promoción, en función das necesidades detectadas nos programas de doutoramento
- - A xestión dos convenios (establecemento, aprobación, difusión, revisión) con entidades, institucións, organismos, empresas...
- As actividades ligadas á mobilidade dos estudantes propios e alleos, e do profesorado, de ser o caso:
- - Actividades de difusión e información que se realizan a nivel institucional, da Escola de Doutoramento e dos seus programas, en función da distribución temporal das distintas convocatorias
- - O proceso de xestión de cada convocatoria (presentación de solicitudes, selección de estudantes, publicación de listados de estudantes admitidos, tramitación da documentación correspondente...)
- As actividades ligadas ás estadías e/ou prácticas
- As actividades de medición, análise e mellora asociadas á mobilidade. A información xerada polos resultados dos programas dará lugar
- - A difusión dos resultados de mobilidade
- - A análise e avaliación dos programas e do seu funcionamento
- - A toma de accións para a mellora (nas relacións externas, respecto dos convenios, programas de doutoramento, actividades de mobilidade...)
Procedementos que detallan estas actividades:
- Xestión da mobilidade
- Xestión do persoal académico
- Información pública e rendición de contas
Transparencia e rendición de contas
O SGC contará con mecanismos e procedementos que aseguren a transparencia e rendición de contas aos axentes interesados no programa de doutoramento.
Estes mecanismos e procedementos funcionan en distintos ámbitos da Universidade de Vigo e definen aspectos como:
- A publicación de información pertinente e relevante relacionada cos programas de doutoramento para os diferentes grupos de interese implicados no sistema universitario, que se xestionará, en función dos contidos, nos distintos niveis da Universidade (institucional, EIDO, programas).
- Os mecanismos para garantir a actualización desta información.
- A información relativa a aspectos académicos, investigadores e de xestión relacionados cos programas de doutoramento.
- A información relativa aos resultados do programa.
- En particular, a información relativa aos resultados de satisfacción dos grupos de interese, e aos resultados de inserción laboral dos doutorados.
- Outros informes institucionais dos distintos órganos de goberno en materia de resultados da Universidade de Vigo.
- A dispoñibilidade e accesibilidade desta información xestionarase tendo en conta as necesidades e expectativas dos distintos grupos de interese, así como da sociedade en xeral.
Procedementos que detallan estas actividades:
- Información pública e rendición de contas
- Revisión do SGC
Programas interuniversitarios de doutoramento
No caso de programas nos que participen máis dunha universidade, os mecanismos e procedementos aplicables serán os que se establezan no convenio de colaboración.
Estas especificacións afectan a:
- a lexislación aplicable
- a identificación do SGC de referencia aplicable, ou, a procedementos de actuación específicos, así como á estrutura organizativa e de responsabilidades
- a organización dos mecanismos de coordinación entre as universidades e as colaboracións previstas na memoria do programa
- os mecanismos para a revisión, mellora e os resultados do programa.
Excepcionalmente, e cando existan procesos de funcionamento que non permitan realizarse baixo as directrices do SGC de referencia nalgunha das universidades participantes, definirase cales son os procedementos que os suplen.
Procedementos que detallan estas actividades:
- Deseño e aprobación dos programas
- Seguimento, mellora e acreditación dos programas
- Aprendizaxe e avaliación dos doutorandos
- Control dos documentos
- Xestión dos recursos materiais e servizos
- Información pública e rendición de contas
Seguimento dos doutores egresados.
Tal e como se describe no epígrafe "Desenvolvemento e resultados do programa de doutoramento", o seguimento e a satisfacción dos colectivos implicados no desenvolvemento dos programas de doutoramento é un aspecto a considerar para a mellora.
A opinión dos estudantes e dos doutores egresados será relevante á hora de analizar os seus resultados e de definir e implantar accións que melloren o funcionamento do programa.
O SGC do programa de doutoramento dispón de procedementos para dar resposta a estas esixencias.
Os procedementos de recollida de opinión inclúen:
- A identificación dos grupos de interese que serán obxecto de avaliación, como poden ser doutorandos, profesorado/persoal investigador, doutores egresados…
- As metodoloxías para realizar a análise da súa satisfacción: os métodos de recollida de información, os aspectos a avaliar, as ferramentas de avaliación (cuestionario…), a planificación temporal e os métodos de medición (cuantitativos, cualitativos) e recursos necesarios.
- As actividades para analizar esta información e tomar accións de mellora.
De forma complementaria, existen distintos mecanismos de participación cos que contan os diferentes grupos de interese para potenciar, favorecer e/ou contribuír a incrementar o seu nivel de satisfacción e mellorar o funcionamento do programa de doutoramento. Exemplo destes son:
- Participación en órganos de representación (órganos de goberno, comisións...)
- Participación en reunións de distintos órganos (en distintos ámbitos e en distintos niveis xerárquicos) para tratar temas de interese respecto do funcionamento dos programas de doutoramento.
- Participación en plans e programas institucionais
Procedementos que detallan estas actividades:
- Seguimento, mellora e acreditación dos programas
- Medición da satisfacción
- Xestión das queixas, suxestións e felicitacións
- Revisión do SGC
- Atención a estudantes e orientación profesional
- Información pública e rendición de contas
Resultados de rendemento académico
O SGC do programa de doutoramento contará con mecanismos e procedementos que permitan:
- Establecer resultados previstos de rendemento académico, a partir de datos históricos e/ou de estimacións futuras, nos próximos 6 anos (no caso de programas de nova creación)
- Medir os resultados académicos alcanzados polo programa, tanto en cada curso académico como na súa evolución
- Publicar e difundir estes resultados para que estean dispoñibles e sexan accesibles, tanto para os responsables do SGC do programa como para a sociedade en xeral.
Procedementos que detallan estas actividades:
- Deseño e aprobación dos programas
- Seguimento, mellora e acreditación dos programas
- Información pública e rendición de contas
A información pública respecto destes resultados pode atoparse no Portal de transparencia da Universidade de Vigo, con acceso a partir da ligazón: https://seix.uvigo.es/uv/web/transparencia/
A documentación dispoñible sobre a documentación do SGC (manual de calidade e procedementos) para os programas de doutoramento está dispoñible na ligazón: https://www.uvigo.gal/es/estudiar/organizacion-academica/eido-escuela-internacional-doctorado/calidad
ESTIMACIÓN DE VALORES CUANTITATIVOS
A estimación das taxas de graduación, abandono e eficiencia son:
Taxa de graduación % |
73 % |
Taxa de abandono % |
12 % |
Taxa de eficiencia % |
93% |
Tendo en conta o histórico dos programas que forman parte de DocTIC (reflexado na táboa do apartado 8.3) e as novas limitacións á duración das teses marcadas co RD99/2011 consideramos que as estimacións dadas para as taxas son realistas. Estas estimacións obtivéronse a partir dos datos de cursos anteriores. La tasa de eficiencia indicada resulta del promediado de los datos de los cursos 15/16 a 19/20, la tasa de abandono resultado del promediado de los cursos 14/15 a 19/20 y la tasa de graduación corresponde al cálculo con la matrícula del 13/14, ya que en el resto de los cursos todavía hay estudiantes pendientes de finalizar sus estudios.
8.2. Procedemento para o seguimento de doutores egresados
O Programa de Doutoramento creou unha base de datos cos datos do seu alumnado cos que seguirá mantendo contacto periódico. Crearanse grupos específicos de alumnado egresado do doutoramento nas redes sociais máis habituais: Facebook, LinkedIn a fin de seguir a súa inserción laboral e desenvolvemento de actividades profesionais. Do mesmo xeito, creouse unha lista de correo “doc_tic_posdocs@listas.uvigo.es” a través da cal se mantén informado ao alumnado sobre as convocatorias de bolsas e axudas, actividades levadas a cabo no programa DocTIC, así como outra información que poida ser do seu interese.
A Escola de Doutoramento realiza de forma periódica enquisas de satisfacción e inserción laboral aos/ás doutores/as egresados/as.
Ademais, a Escola de Doutoramento promoverá a creación dunha Asociación de Alumni que é unha organización de graduados/as ou antigo alumnado. Estas asociacións organizan eventos sociais, publican gacetas ou revistas e recadan fondos para a organización. Moitas delas proporcionan beneficios e servizos que axudan aos Alumni a manter o contacto tanto coa institución educativa como cos seus compañeiros. Adicionalmente tamén apoian aos novos Alumni proporcionándolles un foro no que establecer novas relacións profesionais con persoas de formación similar. As asociacións de Alumni están formadas sobre a relación entre estudantes da Universidade e os seus distintos departamentos, pero poden organizarse de acordo a calquera outro criterio. Hoxe en día estas asociacións inclúen graduados/as de todos os grupos de idade.
8.3. Datos relativos aos resultados dos últimos 5 anos e previsión de resultados do programa
Taxa de éxito (nos últimos 5 anos)
Curso académico |
Porcentaxe de doutorandos/as sen prórroga |
Porcentaxe de doutorandos/as cunha prórroga |
Porcentaxe de doutorandos/as con 2 prórrogas |
2019/2020 |
0,00% |
28,57 % |
71,43 % |
2018/2019 |
33,33% |
25,00 % |
41,66 % |
2017/2018 |
14,29% |
42,86% |
42,86% |
2016/2017 |
50,00 % |
50, 00 % |
0,00% |
2015/2016 |
40 % |
20 % |
40 % |
Teses producidas (nos últimos 5 anos), según dedicación
|
Tempo Completo |
Tempo Parcial |
Mixta |
Total |
2019/2020 |
6 |
|
1 |
7 |
2018/2019 |
10 |
2 |
|
12 |
2017/2018 |
6 |
1 |
|
7 |
2016/2017 |
6 |
|
|
6 |
2015/2016 |
2 |
|
|
2 |
Os grupos de investigación de DocTIC teñen unha ampla experiencia na formación de doctores. No período de 2015 a 2020, defendéronse un total de 34 teses doutorais, cunha media de 7 por ano. Destas 34 teses, 11 recibiron a mención de Doutoramento Internacional (32,35%), e outras 7 teses foron defendidas por estudantes estranxeiros participantes en programas de mobilidade (3 de GreenIT, 1 de GreenTech, 3 de E-GO-TN e 1 de EUROINKANET) (17,64%), o que representa o 50% das teses defendidas. A previsión é manter estas proporcións e implementar as accións necesarias para incrementalas nun prazo de 5 anos.
Contribucións resultantes (nos últimos 5 anos)
Estas 34 teses resultaron en 114 participacións como coautores/as de artigos científicos publicados en revistas científicas internacionais, o que representa unha media superior a tres artigos por tese.
|
||
|
Tempo completo |
Tempo parcial |
Taxa de éxito sen prórroga |
27,52 % |
27,52 % |
Taxa de éxito cunha prórroga |
33,29 % |
33,29 % |
Datos previstos de empregabilidade (nos tres anos posteriores á lectura da teses) |
||
100 % |
||
Mecanismos de seguemento de persoas egresadas |
||
O Programa de Doutoramento creou unha base de datos cos datos do seu alumnado co que seguirá mantendo contacto periódico. Crearanse grupos específicos de alumnado egresado do doutoramento nas redes sociais máis habituais: Facebook, LinkedIn, co fin de seguir a súa inserción laboral e desenvolvemento de actividades profesionais. Do mesmo xeito, creouse unha lista de correo “doc_tic_posdocs@listas.uvigo.es” a través da cal se mantén informado ao alumnado sobre as convocatorias de bolsas e axudas, actividades levadas a cabo no programa DocTIC, así como outra información que poida ser do seu interese. A Escola de Doutoramento realiza de forma periódica enquisas de satisfacción e inserción laboral aos/ás doutores/as egresados/as. |
Proxeccións das taxas de éxito
As porcentaxes reflectidas como estimación son directamente as medias das porcentaxes observadas nos cinco últimos anos. No caso das teses realizadas a tempo parcial resulta difícil establecer unha estimación dado o baixo número de teses finalizadas nesta modalidade. Non obstante, dado que na actualidade un 40% dos/as estudantes teñen unha dedicación a tempo parcial, espérase que o número de teses lidas baixo esta modalidade increméntese notablemente e se alcancen taxas de éxito similares ao caso de dedicación a tempo completo.
Empregabilidade
Da análise dos datos de empregabilidade dos 34 egresados/as do programa dende a súa implantación no curso 2013/14 extráese a seguinte información:
- O 100% dos egresados e egresadas do programa está traballando neste momento.
- O 43% faino nun centro de investigación ou nunha empresa estranxeira relacionados co sector TIC.
- O 79% dos egresados traballa no sector TIC: un 49% faino nun centro de investigación público ou privado, e un 30% faino en empresas do sector TIC.
Para o 30% das persoas egresadas, o doutoramento é un requisito para o seu actual posto de traballo. Este porcentaxe aumenta ata o 70% se temos en conta ás persoas egresadas para as que o doutoramento, aínda que non é un requisito, si resultou decisivo para conseguir o seu actual posto de traballo.
[1]Defínese “taxa de éxito” como a porcentaxe de doutorando que realizan a presentación e lectura de teses con respecto ao total. Calcúlase para 3 e 4 anos. Para o seu cálculo, debe terse en conta o tempo de dedicación do estudante: parcial ou completo.